Tuesday 14 de May de 2024

Aproximadamente dous mil nenos, que competiron nas ligas locais e comarcais de fútbol 8 da Coruña


Aproximadamente dous mil nenos, que competiron nas ligas locais e comarcais de fútbol 8 da Coruña, despediron o pasado venres, día 10 de xuño, a presente tempada 2015-2016 no Palacio dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor no acto de clausura das competicións de fútbol 8 organizado pola Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.) e no que se congregaron preto de catro mil cincocentas persoas.
A AFAC premiou aos tres primeiros clasificados de cada liga local e comarcal de fútbol 8 da Coruña da presente campaña 2015-2016, e ademais entregouselle unha medalla conmemorativa a cada un dos nenos e nenas asistentes ao acto de clausura. A Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña tamén sorteou entre os presentes material deportivo,inscricións gratuítas ao Campus de Fútbol AFAC de Verán e unha fin de semana no parque da Warner en Madrid para un equipo de fútbol 8, que no sorteo lle tocou o o equipo Alevín “B” do SCD San Cristóbal das Viñas.

Ó día seguinte, sábado día 11 de xuño, tivo lugar a Cea Fin de Tempada do fútbol coruñés, organizada pola AFAC e que tivo lugar na Hípica da Coruña, onde estiveron presentes representantes de todos os clubes, das institucións públicas municipais e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán Abal. Na Cea é o lugar onde a AFAC recoñece cada ano, a proposta dos clubes da asociación, a persoas do fútbol coruñés para a súa distinción e recoñecemento pola súa contribución o fútbol da cidade como así mesmo o clube do que forma parte. Nesta ocasión foron dous os premiados. O xogador do Deportivo Cidade Javier González Cagiao pola súa dilatada traxectoria de máis de 15 anos no seu club recibiu de mans do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, a insignia de ouro da AFAC. No labor coma directivo de mais de 25 anos, formando parte do Unión Sportiva nos seus comezos, fundando posteriormente o CD Calasanz e nos últimos anos como directivo e presidente do clube Santa Margarita, Alfredo Taboada Botana recibiu a insignia de ouro da AFAC de mans do presidente da Asociación, Manuel Vázquez.